jueves, 8 de marzo de 2018

8 DE MARZO

Hoxe é o día internacional das mulleres e para celebralo onte tivemos a visita da atleta aresana Paula Mayobre




Durante a súa visita amosounos un video onde nos ensinaba o dificil que resulta para as mulleres adentrarse no mundo do deporte onde a maioria son homes como no fútbol, deporte que tivo que abandonar por non haber equipos feminimos en categorías superiores o que a levou a realizar atletismo.


Realizamos unha charla moi amena con ela onde contestou a varias preguntas que os nenos e nenas de primeiro e segundo tiñan preparadas.



Ao final como para nós é unha campiona regalámoslle unha medalla e un ramo de flores que realizamos con moito cariño.


Pintamos as flores



Forramos os paus con cinta de cores


Foi tan amable con nós que ata firmou algún autógrafo.


Outra actividade que fixemos para celebrar este día foi a de realizar un mural con debuxos das nosas nais que son unha traballadoras.



FELIZ DÍA A TODAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario