domingo, 24 de diciembre de 2017

martes, 19 de diciembre de 2017

FACENDO EXPERIMENTOS

No ambiente de natureza realizamos varios experimentos. O primeiro foi o de simular o movemento da lava dun volcán para iso realizouse a presentación da actividade e dos ingredientes necesarios.

 

 
Como podedes ver os presentamos coas súas etiquetas correspondentes para que despois os que queiran escribilo o poidan facer.
O seguinte  paso foi o de encher os tarros con auga.


Despois engadímoslle un pouco de aceite.


 Mirade que pasou, o aceite e a auga non se mesturaron

O seguinte paso foi o de botar unhas pingas de colorante. Como era en xel tivemos que quentalo un pouco coas nosas mans.









E agora tocaba mesturar e para iso tiñamos que axitar fortemente.






O seguinte que tiñamos que facer era o último paso que consistía en botar as pastillas efervescentes e ver o que sucedía.





Pero este non foi o único experimento que fixemos.Coa chegada do frío fixemos neve artificial e para facelo necesitamos un pañal e auga.
Miramos como era o pañal antes de botarlle a auga, se pesaba ou non.




Con coidado botámoslle a auga.


Despois observamos o que lle pasou ao pañal, si pesaba máis ou non.


Desfixemos o pañal e o seu interior estaba cheo dunha especie de neve artificial e ainda que non era de verdade disfrutamos con ela facendo bolas e tocándoa.









lunes, 18 de diciembre de 2017

MAIS ACTIVIDADES EN NATUREZA

Os ambientes están cheos de propostas e actividades que realizar. As veces son os propios nenos e nenas os que nos traen as súas propostas  como Martina Tuñez que nos trouxo uns fósiles e Uxio que aportou unha gran cuncha.



Deuse a casualidade que cando Martina trouxo o fósil a Profe Elvira trouxera unha mantis relixiosa para que a observaran.


Otras das actividades que realizamos foi a de facer puzzles de goma eva. Temos que ter moito coidado porque teñen pezas moi pequenas.






Unha das propastas que máis nos gustan son a de facer mandalas con diferentes materiais.







Tamén nos gusta xogar cos geoplanos e facer simetrías no espello.


Mirar os libros de natureza é moi entretido.


E podemos pasar un bo rato xogando coa árbore musical.