domingo, 26 de noviembre de 2017

TODOS CONTRA A VIOLENCIA

O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O venres 24 vimos todos ao cole vestidos de negro e realizamos varias actividades para concienciar ao noso alumnado do importante que é erradicar esta violencia.
Os nenos e nenas de infantil realizamos un obradoiro que consistía en darlle cor  e escribir a palabra RESPETO a uns monigotes para despois colocalos nun mural colectivo.


















Tamén vimos os videos de Rosa Caramelo, Arturo y Clementina e Superlola




Os nenos e nenas de sexto de primaria prepararon un contacontos do conto Terrible de Alain Serres.

sábado, 25 de noviembre de 2017

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA

O 20 de novembro é o Día internacional dos dereitos da infancia. É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
O concello de Mugardos organizou unha xuntanza de todos os nenos e nenas do coles dos concello.






Mediante o xogo (un dos dereitos do neno) aprendimos o dereito a igualdade. Cun paracaidas todos xuntos tentabamos que subise e despois metiámonos dentro.







Os nenos e nenas de primeiro tiveron que realizar un percorrido cunhas gafas que distorsionaban a realidade e era bastante difícil non caerse por iso necesitaron axuda. Eles traballaron o dereito a non discriminación.















Os nenos e nenas de segundo comprobaron o difícil que resultaba transportar auga. Era o dereito a alimentación.








Ata aprendimos unha haka.