sábado, 28 de octubre de 2017

FACER QUE FAGO

Queredes botar unha ollada ao que facemos neste ambiente?



E sempre despois de xogar toca recoller. Mirade como o facemos.


viernes, 27 de octubre de 2017

A CAIXA DE SAL

Unha maneira divertida de traballar a lectoescritura é mediante a caixa de sal onde os nenos e nenas realizan os diferentes trazos. Nós nesta ocasión realizamos a grafía dos números.



Tamén escribimos o noso nome e xogamos libremente.

jueves, 26 de octubre de 2017

NOVAS PROPOSTAS

No ambiente de Facer que fago temos dúas novas propostas que consisten en poñer a mesa e mesturar cores con xeringas. Mirade como o facemos.



martes, 24 de octubre de 2017

TEATRO EN NARÓN

O pasado 17 de outubro realizamos a saída didáctica ao teatro no Auditorio Municipal de Narón para disfrutar do espectáculo CONTACREQUES da compañía EME-2. Trátase dun  espectáculo poético, divertido, axil e desenfadado. É unha peza de creación propia con textos de Ricardo Combi, baseados nos contos clásicos: O Reiseñor, Garavanciño e o zapateiro e os trasnos.












Pasámolo moi ben, mirade as nosas caras despois do espectáculo







lunes, 23 de octubre de 2017

DEBULLAMOS MILLO CON PINZAS?

Unha nova proposta temos no ambiente de natureza. Que vos parece debullar millo pero con pinzas para que actividade sexa un pouca máis complexa?



Mirade como os maiores axudan aos pequenos

Como xa lle collimos as mañas agora propuxéronnos limitar o tempo de debullado  para o cal temos un reloxo de area e anotar cantos grans lograbamos quitar.





Pero que mellor que mirar como o fixemos...

sábado, 21 de octubre de 2017

DOBRAMOS CALCETÍNS?

Unha propostas no ambiente de Facer que fago foi a de emparellar e dobrar calcetíns, unha das actividades da vida práctica. 
Os nenos e nenas que xa sabían facelo ensináronlles aos que non o sabían.


jueves, 19 de octubre de 2017

FELICIDADES!!!!

No mes de setembro celebramos os aniversarios dos nenos e nenas  que  cumpliron nos meses de verán e tamén dos que cumpliron  neste mes.

Na clase de cinco estiveron de aniversario Inés e Noelia Argüelles no mes de agosto e Candela, Mariña e Jeramaia no mes de setembro.
Moitas felicidades aos cinco

Na clase de catro anos estiveron de aniversario Jimena no mes de julio e Óscar no mes de agosto e o celebramos coa metodoloxía de Montessori  que lles permite interiorizar o concepto de cumprir anos, ao tempo ten unha finalidade didáctica xa que traballamos o paso do tempo, as estacións do ano.
O primeiro que facemos é colocar no tapete as estacións do ano, despois os meses e por último sinalamos o mes no que nacimos.

Agora empezamos a dar voltas arredor do sol, unha por cada ano.


Cada volta é un ano nas nosas vidas e ensinámoslles fotos dos distintos anos e contámoslles anécdotas que nos aconteceron.


 Felicidades Jimena!!!

 Felicidades Óscar!!!

No mes de setembro estiveron de aniversario Marcos de tres anos e Mar e Yuri de catro anos.
Os nenos e nenas de tres anos tamén o celebran co método Montessori pero como ainda son pequenos só utilizan o panel e non fan o das anécdotas.

Felicidades Marcos!!!


Felicidades Mar!!!



Felicidades Yuri!!!

lunes, 16 de octubre de 2017

MESA DE LUZ

Coa mesa de luz estamos realizando varias actividades: xogamos coas letras, contamos pedras de cores e facemos figuras coas pedras.





E como temos liberdade para xogar como queiramos ata utilizamos as pedriñas de cores para clasificalas por cores pero fora da mesa de luz

Pero que mellor que ver como o facemos.

viernes, 13 de octubre de 2017

AMBIENTE DE ARTE

No ambiente de arte seguimos a deixar voar a creatividade dos nenos e nenas.





















Imos introducindo propostas como a de pintar pedras.



Mirade a tranquilidade que se respira neste ambiente, están moi concentrados no que fan.